Skip to main content
Monforte

O alcalde de Monforte recibe a alumnos e alumnas do Colexio dos Pais Escolapios

Por 27 Outubro, 2022Outubro 28th, 2022Sin comentarios

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibe na Casa do Concello a alumnos e alumnas do 2º curso de Primaria (7-8 anos) do Colexio dos Pais Escolapios, que acudiron co obxectivo de coñecer estas instalacións municipais e o seu funcionamento.

Acompañados por 2 profesores, os 40 alumnos e alumnas deste centro educativo monfortino foron recibidos polo Alcalde no Salón de Plenos, onde lles explicou o funcionamento do Concello, e sobre todo o relacionado con como é o desenvolvemento dos Plenos da Corporación municipal en dito salón.

Os estudantes tamén aproveitaron a ocasión para preguntarlle ó alcalde sobre como desenvolve o seu día a día á fronte do Concello, sobre cantas persoas traballan no mesmo ou sobre os proxectos nos que está traballando o Equipo de Goberno. Neste senso, os nenos e nenas manifestaron o seu o seu gusto polo novo Parque do barrio do Hospital, que o alcalde inaugurou a pasada semana.

O alcalde, tamén lles explicou a condición de cidade condal que posúe Monforte, e outros fitos históricos como a chegada do tren a Galicia pola urbe monfortina.

Os alumnos do colexio monfortino tamén aproveitaron para coñecer as distintas dependencias da Casa Consistorial, e fixeron a foto de familia co rexedor municipal.