Skip to main content
Quiroga

Quiroga sufre problemas na traída de auga municipal polas chuvias

Por 26 Outubro, 2022Outubro 27th, 2022Sin comentarios

As intensas chuvias da fin de semana carrexaron problemas de turbidez na traída de auga municipal do concello de Quiroga.

Aínda que o servizo de augas tentou por tódolos medios que a auga chegase ás billas dos veciños nas mellores condicións, foi preciso restablecer a entrada de auga coa consecuente entrada de arrastres da zona dos incendios.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, xa contaba no mes de agosto con que “se chovía fortemente na zona de Leixazós afectada polos incendios, os arrastres irían parar ao río Ferreiriño por riba da zona de captación da auga. Isto unido a que moitos metros de tubaxe estaban afectados polo incendio e que as bombas da zona baixa do río estaban inutilizadas polas cinzas”, complicaron a situación.

Para evitar que este tipo de problemas puidesen ocorrer a Xunta de Goberno Municipal decretaba a emerxencia, segundo o recollido na lei de contratos, de realizar estas reparacións e asinábase un convenio coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para que Augas de Galicia financiara con 138.000 euros as reparacións que inclúen o cambio da tubaxe queimada e facer un sistema de derivación para cando sexa preciso poder bombear dende a Vergaza.

Nestas reparacións están traballando dúas empresas (unha encargándose da parte alta da captación e a outra traballando na parte baixa) para realizar os traballos no menor tempo posible. Trabállase o máis rapidamente posible pero estas choivas na zona do incendio chegaron antes do seu remate, polo que o Servizo de Augas do concello pide desculpas a tódolos veciños e veciñas afectadas e traballa para facer todo o posible para solucionar este incidente.