Skip to main content
Ribas de Sil

Ribas de Sil continúa con obras de acondicionamento no concello

Por 28 Outubro, 2022Outubro 29th, 2022Sin comentarios

O concello de Ribas de Sil está a realizar melloras en edificios do municipio e tamén de parroquias próximas, esta semana foi a quenda do Centro de Interpretación do Río Sil (CIRS).

Por un lado instaláronse as letras da fachada deste centro de interpretación que se está a construír en Torbeo, xusto onde comezan os canóns do Sil.

Tamén comezaron os traballos de pintado dos arcos do Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana (Cimar). As figuras dun castrexo e dun romano presidirán a fachada deste edificio dando a benvida ós visitantes do xeoparque. Ademais, instaláronse as correspondentes letras.

Con respecto ó acondicionamento do resto de parroquias en Ribas de Sil, continúa a instalación de novas luminarias nas aldeas do concello. Esta semana tocoulle a A Cabarca, Vilardomato e Vilardonas.

A melloría da calidade da iluminación é notable, ó mesmo tempo que se aforra en consumo. Esta é a filosofía das axudas do IDAE que neste caso financia nun 80% a inversión total de 240.000 euros. Os 48.000 euros de aportación municipal son posibles grazas a aplicación de remanentes provintes dos aforros acadados coas políticas de austeridade promovidas polo concello nos últimos anos.