Skip to main content
O Incio

O CEIP Ricardo Gasset do Incio oferta clases de música e baile tradicional

Por 13 Outubro, 2022Sin comentarios

Entre as actividades dispoñibles no centro para este curso lectivo 2022-2023, os nenos do CEIP Ricardo Gasset do Incio poderán desfrutar de clases de música e baile tradicional galego.

A ANPA do CEIP Ricardo Gasset en colaboración co concello, organiza estas actividades abertas para todo aquel que desexe sumarse.

Con respecto ás clases de música, terán lugar os sábados en horario de 16.30 a 17.15 horas para a disciplina de música e movemento (de 4 a 6 anos), de 17.15 horas a 18.15 (gaita e percusión para os maiores de 7 anos) e ás 18.15 horas (gaita e percusión para adultos). Haberá tamén clases de saxo para os maiores de 7 anos e os adultos pero o horario aínda está por determinar.

E con respecto ás clases de baile, tamén serán os sábados en horario de 16.00 a 17.00 horas para os maiores de 7 anos e de 17.00 a 18.00 horas na modalidade de adultos.

O profesor encargado de impartir a clase de música e movemento e gaita e percusión será Daniel Fernández López, e Lois Prado Fernández impartirá baile e saxo.

O prezo destas actividades e de 10 euros ao mes por persoa.

Pero esta non é a única iniciativa que leva a cabo a ANPA do centro, senón que veñen de organizar tamén unha semana chea de ensinanzas e xogos para os máis cativos.