Skip to main content
Paradela

Paradela organiza unha andaina polo Camiño Vello de Aldosende o vindeiro sábado

Por 22 Outubro, 2022Outubro 24th, 2022Sin comentarios

Dentro da programación do bicentenario de Paradela, o sábado 29 de outubro vaise celebrar un encontro coa natureza que organiza o Concello de Paradela en colaboración coa colaboración do grupo Acivro, que percorrerá o Camiño Vello de Aldosende.

O itinerario do Camiño Vello de Aldosende, no Concello de Paradela, é o que percorrerán tódolos interesados o último sábado de outubro, dende o  Miradoiro de Cabodevila (preto do Río Loio) ata Aldosende. Este é un camiño xa coñecido polos membros vinculados ó mundo do sendeirismo e ó turismo de montaña, que especialmente nas fins de  semana recibe a numerosos camiñantes de toda Galicia. Para o percorrido calcúlase unha duración aproximada de 3 horas e 30 minutos.

A ruta iniciarase ás 10.00 horas dende o Miradoiro de Cabodevila, para rematar a  andaina arredor das 13.30 horas. Á chegada a Aldosende, o Concello de Paradela ofrecerá un  refrixerio aos camiñantes.

O grupo Acivro recomenda que non se supere a cifra de 60 participantes, para realizar a inscrición na ruta debe facerse antes do martes 25 de outubro chamando ó Concello de Paradela 982 541 101 ou ao Colectivo Acivro 617 174 540. En canto se chegue á cifra dos 60 participantes, pecharanse as inscricións.

O grupo Acivro

Acivro é un club excursionista presidido por Alejandro González Arias e creado no  ano 2006, formado por membros que gustan da natureza e que camiñando por ela, fomentan o respecto pola biodiversidade e gozan de ambientes e itinerarios incribles.