Skip to main content
Samos

O PP de Samos esixe a reparación do acceso a Portela de Lóuzara

Por 3 Outubro, 2022Sin comentarios

Tal e como veñen de comunicar membros do Partido Popular do concello de Samos, dende o partido político instan ao alcalde do municipio á urxente reforma do acceso a Portela de Lóuzara.

O PP de Samos afirma que “Os gobernos municipais teñen a obriga de mellorar a calidade de vida dos veciños. Só iso os xustifica. Cando non é así, nin o alcalde nin os membros do goberno local cumpren as súas obrigas”.

O que eles mesmos critican é que “En Samos, sexa por incompetencia sexa por mala fe política, o goberno presidido polo socialista Julio Gallego mantén en estado intransitable a estrada de acceso a Portela de Lóuzara”.

É por iso polo que o portavoz popular, José Fernández Vázquez, faise eco das queixas de veciños e veciñas da zona e lembra que “xa presentamos hai meses unha moción para pedir o arranxo da estrada e anuncia unha nova iniciativa para que o alcalde dea explicacións aos veciños de por que non adopta medidas para reparar o pavimento de dita vía”, recoñece.

“A estrada que dende a vía provincial de Lóuzara ao Courel conduce a Portela ten o firme totalmente esnaquizado. Hai amplos tramos nos que o asfalto desapareceu hai tempo e unicamente quedan pedras soltas e grandes fochancas. Circular por esta estrada de montaña resulta difícil con vehículos tipos turismo e, por riba, hai zonas nas que é perigoso” destaca o portavoz dos populares.

Do mesmo xeito, manifesta que “Os residentes en Portela quéixanse do rápido deterioro das rodas dos seus vehículos, debido aos cortes que sofren a causa dos tramos nos que só quedan pedras soltas e das grandes fochancas que ten a calzada”.

O popular José Fernández, considera incompresible e inexplicable que o alcalde non tome medidas para amañar o pavimento desta vía e sinala que “Por falta de mantemento do pavimento, agora a reparación será moito máis cara, porque xa non chega con parcheos; hai que renovar tramos grandes de pavimento e o ideal sería pavimentar de novo toda a estrada. O que está claro é que isto non pode seguir así, porque é de xulgado de garda. Chega o inverno e a estrada está impracticable”, afirma o popular.

Fernández considera que “o estado desta vía e a mellor demostración da incapacidade de xestión do goberno municipal”.