Skip to main content
Samos

Samos acollerá o martes unha cata de viño organizada por E Para Comer, Lugo

Por 14 Outubro, 2022Outubro 15th, 2022Sin comentarios

O vindeiro martes 18 de outubro celebrarase no concello de Samos unha cata do Instituto Galego do Viño organizada por E Para Comer, Lugo.

Terá lugar no establecemento Hotel A Veiga, situado na Avenida Compostela número 61, en horario de 17.00 a 19.30 horas e para asistir será necesario apuntarse previamente na seguinte ligazón https://apehl.org/es/formacion/curso-23

A cata de viño estará impartida polo director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas.

III Encontro Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño

Esta cata forma parte do III Encontro Gastronómico e Cultural …E para comer: Lugo no Camiño, unha iniciativa levada a cabo pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl).

Este proxecto que se enmarca dentro do programa O Teu Xacobeo, conta entre outras actividades con obradoiros para nenos e varias degustacións de cociña con produtos de proximidade a cargo de varios cociñeiros.

Como complemento a estes encontros, terán lugar as nomeadas catas …E para comer: Lugo no Camiño, que serán impartidas polo Instituto Galego do Viño en cinco localizacións da provincia: a primeira en Samos o día 18 de outubro, na Pobra do Brollón o 19, en Sober o 20, en Barreiros o 25 de outubro e en Palas de Rei o día 26.