Skip to main content
Sarria

Os días 14 e 15 de outubro Sarria acolle o festival independente Napalm Fest

Por 3 Outubro, 2022Outubro 10th, 2022Sin comentarios

A vila de Sarria celebrará o venres 14 e o sábado 15 de outubro o seu festival independente e sen ánimo de lucro Napalm Fest que reunirá a varios dos grupos máis importantes do panorama do rock, o metal e o HxC.

A Asociación Cultural, Deportiva e Ecolóxica Buril será a encargada de albergar o evento na súa sede que se sitúa na travesía Mueblenorte. A apertura de portas terá lugar ás 20.30 horas e a entrada, cun custo de 10 euros, será válida para ambos días.

Este festival do underground consigue reunir a moitas bandas do panorama galego e nacional de hoxe en día e por iso convértese nunha cita ineludible para todos aqueles amantes do rock, o metal e o HxC.

O cartel para esta edición do Napalm Fest está composto polas bandas: Nukore  (cun estilo Crossover/HxC, de Vitoria Gasteiz), Kharma (cun estilo Groove Metal, de Ferrol), Lapsus Mentis  (cun estilo Thrash metal, de Vigo), Dioivo (cun estilo Metal Galaico Extremo, de Vigo), Mano de Piedra (cun estilo Sludge metal, de Vigo), God’s Funeral (cun estilo Doom/Death, de Tarragona) e Barbarian Prophecies (cun estilo Death metal, de Lugo).

Coma sempre o festival ten carácter solidario e participarán tamén membros do colectivo Frente L.A. Santuario Animal que estarán recadando fondos para a súa iniciativa. Non só se poderá desfrutar de boa música senón que terá lugar tamén o sorteo dun instrumento musical entre tódolos asistentes.