Skip to main content
Sarria

O IES Xograr de Sarria recibe hoxe a acreditación do Proxecto Stars da DXT

Por 11 Outubro, 2022Sin comentarios

Hoxe martes 11 de outubro ás 11.40 horas, realizarase no IES Xograr do concello de Sarria o acto de entrega da acreditación do Proxecto Stars que leva a cabo a Dirección Xeral de Tráfico.

O centro educativo recibirá esta placa conmemorativa, con insignia de prata, por participar no proxecto europeo Stars que basea a súa filosofía no desenvolvemento de desprazamentos sostibles nos colexios.

“O IES Xograr vai recibir hoxe a estrela prateada como recoñecemento a tódalas iniciativas realizadas e promovidas ao longo destes últimos dous años. A campaña que levamos a cabo no centro chamada En bici ao Xograr, Anímate a pedalear! incluíu un sen fin de actividades e este ano desfruta do seu terceiro ano de vida” afirma Sonia Cantalapiedra, vicedirectora do IES Xograr Afonso Gómez.

Está previsto que asistan ao acto representantes da DXT coma o seu xefe provincial, Ángel Álvarez, e a coordinadora de Educación Vial provincial Laura García. Acudirán tamén Félix Seijas (concejal de deportes e de Movilidad de Sarria), Geni Valcarcel (concejala de Educación), Laura García Crespo (coordinadora provincial de Educación Vial) e Isabel Rodríguez (subdelegada do Goberno de Lugo).

Sonia Cantalapiedra indica que dende o centro “Intentamos reintroducir a educación viaria no contexto escolar como motor dun cambio de estilo de vida. Por unha parte, para formar usuarios da vía pública responsables e respectuosos e pola outra, como promotores do coidado dunha comunidade solidaria co medio ambiente e con resto da sociedade”, afirma a vicedirectora.

“O noso proxecto de mobilidade sostible e segura non deixa de crecer grazas á ilusión de tódolos seus participantes. A adhesión do noso centro e do concello de Sarria ao proxecto Europeo Stars hai dous anos, converteunos no primeiro centro educativo e no primeiro concello da provincia que se inscribía neste proxecto de mobilidade sostible”, recoñece Cantalapiedra.

Pero o IES Xograr Afonso Gómez non só participa nesta iniciativa, leva a cabo outras moitas coma “Varios talleres e charlas de Educación Vial e de condución e reparación da bici, un taller de skate ou colaboracións co club local DHGTeam para poñer aparcabicicletas nas zonas de Sarria nas que non existen”, afirma a vicedirectora do centro.

“Como novidade este ano, estrearemos un sistema de préstamo de bicicletas ao alumnado e intentaremos realizar un rexistro de rutas ciclabes da zona do concello de Sarria”, destaca Sonia Cantalapiedra.

PROGRAMA STARS

A iniciativa Stars é un proxecto de alcance europeo que acredita e recoñece o labor que levan a cabo os centros educativos no que a desprazamentos sostibles se refire. Ten como obxecto animar e premiar aos centros de ensinanza que fomenten entre os seus alumnos este tipo de desprazamentos sostibles e seguros, tanto a pé como en bicicleta.

Stars vai dirixido principalmente a centros de primaria, secundaria e instituto, con alumnos que van dende os 6 anos de idade ata os 19 pero ademais, a toda a comunidade educativa en xeral incluíndo padres, profesores, equipos directivos e persoal non docente.