Skip to main content
Sarria

Sarria conta cun novo grupo de afeccionados ao motociclismo: os Sarria Bikers

Por 20 Outubro, 2022Outubro 21st, 2022Sin comentarios

O grupo de afeccionados ao mundo das motos Sarria Bikers vén de configurarse nos últimos días e celebrará o domingo 30 o seu primeiro acto de presentación.

A recepción terá lugar a partir das 09.30 horas no restaurante O Meigallo. Os asistentes realizarán unha ruta que terá saída ás 10.00 horas do parque do Chanto, posteriormente haberá pinchos nunha parada que se fará na ruta e ó final desta, terá lugar unha sesión vermú e unha comida no restaurante O Meigallo sobre ás 14.00 horas que terá un custo de 20 euros por persoa.

Sarria Bikers ten preparadas moitas sorpresas para este día, as inscricións para participar neste acto de presentación e na posterior comida, pódense realizar ata o vindeiro mércores 26. Hai que realizar un ingreso na conta Sarria_bikers ó número de conta ES17 2080 0172 0430 4000 8314 e no concepto poñer o nome completo do participante e o seu número de teléfono (dende a asociación pregan que se informe no caso de que exista algunha alerxia para poder ofrecer un menú alternativo).