Skip to main content
Sarria

A rúa Calvo Sotelo de Sarria chamarase rúa da Liberdade a partir deste venres

Por 25 Outubro, 2022Outubro 27th, 2022Sin comentarios

O venres 28 de outubro a rúa Calvo Sotelo de Sarria pasará a chamarse rúa da Liberdade, logo dun acordo ao que se chegou hai un ano nun pleno que tiña lugar na vila.

Ese mesmo día finalizará o aprazamento de doce meses que dende a corporación local se lle concedía a establecementos e negocios da rúa para que adaptasen todo o seu material publicitario. Dende o venres 28 de outubro, en todos estes carteis deberá figurar xa o nome de rúa da Liberdade.

No seu día, no pleno no que esta moción de cambio de nome resultaba aprobada como unha proposta do grupo de goberno e contando co apoio de BNG e PSOE, o PP votaba en contra. A corporación acordou nese momento que a medida entrase en vigor transcorrido un ano polo que a rúa cambiará o seu nome este mesmo venres logo de 85 anos baixo a nomenclatura de Calvo Sotelo.

De ese modo, o rueiro de Sarria deixará de honrar ó político galego José Calvo Sotelo, ministro de Facenda durante la ditadura de Primo de Rivera, para recuperar un nome que xa existiu na vila a finais do século XIX.
No ano 1888 cando se puxo nome por primeira vez a tódalas rúas, o tramo da estrada comprendido entre o que é hoxe o cruce da Avenida e o límite con Farbán xa fora bautizado como rúa da Liberdade, que posteriormente chamaríase Benigno Quiroga.

Non só moitas das empresas de Sarria están a utilizar xa o novo nome, dende o Concello xa o teñen todo listo para o cambio co encargo dunha ducia de placas que poñen Rúa da Liberdade y que se están a colocar esta semana.