Skip to main content
Sarria

Adif construirá unha pasarela peonil para suprimir un paso a nivel á saída de Sarria

Por 26 Outubro, 2022Outubro 27th, 2022Sin comentarios

As obras que se levarán a cabo na vila teñen como finalidade salvar un paso a nivel no Camiño de Santiago que transcorre por Sarria e polo que transitan diariamente un centenar de peregrinos.

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) acaba de sacar a exposición pública as expropiacións necesarias para executar as obras que afectan a tres parcelas dun total de 817 metros cadrados, a metade do cal atópase catalogado coma chan rural e o resto coma urbano. Destas tres propiedades, dúas son de particulares e a outra pertence á Administración Pública, tal e como vénse de publicar no Boletín Oficial do Estado.

A pasarela peonil de nova creación situarase a continuación da Ponte da Áspera, onde existe unha bifurcación e os peregrinos escollen entre seguir por Santiago de Barbadelo ou en dirección Maside. Entre as súas características principais estarán os accesos adaptados, permitindo o tránsito de persoas con mobilidade reducida. A infraestrutura terá por un lado un acceso mediante rampla e polo outro, ante a complicada orografía do terreo, construirase un acceso cunha pasarela en rampla e trazado recto.

Na actualidade este paso a nivel de Sarria atópase cortado por obras e a alternativa ofrecida aos peregrinos para continuar a súa ruta xacobea é a  de Barbadelo.