Skip to main content
Sarria

O Samaín chega a Sarria

Por 28 Outubro, 2022Outubro 30th, 2022Sin comentarios

Hoxe 28 de outubro a festa do Samaín chega a Sarria coa proxección da película Coco ás 17.30 horas na Casa da Cultura. Tamén está previsto que o luns 31 de outubro haxa un obradoiro de manualidades na Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar situada na rúa Marqués de Ugena, con inscrición previa.

Os horarios nos que terá lugar o taller serán de 10.30 a 11.30 horas para os nenos que teñan de 3 a 6 anos e 12.00 a 13.00 horas para os cativos de 6 anos en adiante.

Á partir das 17.30 horas haberá unha festa musical de Samaín baixo o nome de Chuches A Mil.

Para estas actividades será necesario realizar unha inscrición previa chamando ó teléfono 982 530 723.

As orixes do Samaín

Esta festividade de orixe celta é a máis importante do período pagán en Europa ata a súa conversión ó cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ó 1 de novembro servía como celebración da fin da tempada de colleitas na cultura celta​ e era considerada como o Ano Novo Celta, que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ó outro mundo. A súa etimoloxía é gaélica e significa fin do verán.

A festividade celta descríbese como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesta data, tiñan autorización para camiñar entre os vivos dándoselle á xente a oportunidade de reunirse cos seus antepasados mortos. Para manter ás espíritos contentos e afastar ós malos dos seus fogares, deixaban comida fóra, unha tradición que se converteu no que hoxe fan os nenos indo de casa en casa para pedir doces.