Skip to main content
Triacastela

Visita en Triacastela a mostra Paradela, Senda Infinita

Por 19 Outubro, 2022Sin comentarios

A exposición itinerante Paradela: Senda Infinita, que co gallo da celebración do bicentenario do concello de Paradela repasa a historia do mesmo ao longo de 16 paneis, pódese visitar xa na Casa da Cultura de Triacastela.

A mostra conta co patrocinio do concello de Paradela e a Xunta de Galicia e este ano vai percorrer os concellos do Camiño Francés na nosa comunidade.

No acto de presentación participaron José Manuel Mato, alcalde de Paradela; Ana Mel, xefa de Coordinación Cultural da Xunta en Lugo; Bautista Arias, tenente de alcalde de Triacastela ademais doutros membros do persoal do concello.

Paradela, Senda Infinita

O concello de Paradela cumpre 200 anos e para celebrar este bicentenario, os seus habitantes realizan esta exposición neste Xacobeo prolongado, que para todos os galegos é tamén motivo de celebración.

Paradela -xunto co de Santa María de Castro de Rei de Lemos- foi dos primeiros concellos constitucionais. É senda infinita de natureza e vida, é parte esencial do Camiño Francés a Compostela, acubillou vida desde hai milenios e navegou camiños de auga que, mesmo represados, son fonte de vida.