Skip to main content
Axenda CaducadaComarca TERRACHÁXA

Ladra, Silán, Cazás e Baroncelle están de festa esta fin de semana

Por 8 Outubro, 2022Outubro 9th, 2022Sin comentarios

Varias localidades da comarca celebra esta fin de semana as súas festas patronais.

Así habrá festa en Cazas, en Xermade, na honra da Divina Pastora. Hoxe derán comezo os festexos coa misa solemne e a procesión seguida da sesión vermú con La Favorita. Pola noite estará, xunto a esta orquestra, D’Vicio.

O domingo será a vez de Venus en sesión vermú, que porá o punto final ás festas trala misa das 13.30.

En Ladra festéxase á Virxe dos Remedios durante a fin de semana. O apartado musical estará ao cargo do Grupo Fénix, que actuará de medio día e de noite, neste caso xunto a Principal.

O domingo serán Os Adrianos os que amenizarán a seión vermú coa que se dará por rematada a festa. Nas dúas xornadas haberá misa e procesión.

Tamén en Silán, Muras hai festa dende hoxe na honra a San Estevo e a Virxe de Fátima. Trala misa haberá sesión vermú coa orquestra Acordes, que tamén estará á noite na verbena con Los Satélites.

Fénix actuará o domingo en sesión vermú prolongada como fin de festa  despois da misa, prevista para as 13.00 horas.

En Baroncelle, Abadín, as festas son na honra da Virxe do Rosario e Santiago Apóstol. O apartado musical estará a cago de Alianza e JB Son, os primeiros en dobre sesión de mediodía e noite.

O domingo Magos actuará tamén en dobre sesión.

Hoxe haberá misa solemne e procesión ás 13.30 horas pero o domingo, á mesma hora, o oficio relixioso estará cantado pola coral polifónica Virxe do Monte e a procesión acompañada por Asubíos da Chaira.