Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

Convocan na Chaira un curso online sobre prevención de condutas alimentarias

Por 15 Outubro, 2022Sin comentarios

O servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online dirixido a nais e pais para abordar a prevención de condutas alimentarias de risco dende o ámbito familiar.

Este obradoiro será impartido de xeito online (a través da plataforma zoom) por Susana Piedra Zorrilla, psicóloga con número de colexiada: M-19528 responsable do Programa de Prevención de condutas de risco en nenos, nenas e adolescentes e fomento da parentalidade positiva na UNAF.

Neste obradoiro abordaranse sobre adolescencia e pre-adolescencia, condutas de risco na adolescencia, educación alimentaria e nutricional, trastornos da conduta alimentaria (TCA) e competencias parentais.

O curso será o 27 de outubro de 2022 en horario de 17.00 a 18.30 horas. As inscricións poden facerse a través antes do 21 de outubro neste enlace. Como sempre, ofrecen máis información no mail prevenciondrogas@rabade.org e no teléfono 982 390 062.