Skip to main content
Axenda CaducadaComarca TERRACHÁXA

Chega á Terra Chá o XX Campionato Galego de Cetraría

Por 26 Outubro, 2022Outubro 30th, 2022Sin comentarios

O Tecor Terra Chá celebrará esta fin de semana unha nova edición do Campionato Galego de Cetraría, que se desenvolverá dende o venres ás 20.30 horas, cando se fará a recepción do cetreiros no Museo das Aves da Feira do Monte de Cospeito.

A primeira quenda da competición desenvolverase durante todo o día de sábado dende as 9.00 horas con  parada para comer e a posterior cea de confraternidade para cetreiros e acompañantes.

O domingo darán comezo os voos dos finalistas á mesma hora con hora de finalización prevista sobre as 17.00 horas para entrega dos trofeos.

Na cerimonia proclamaranse os cetreiros do camiño e farase entrega de diplomas e unha insignia de prata.

No campionato participarán as categorías de Altanaría e pomba lanzada, baixo voo Azores a perdiz, baixo voo Harris a perdiz, pequenas aves a perdiz e brazo tornado a perdiz.