Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

O circuíto das Pontes será escenario da última proba do VF Timing

Por 14 Outubro, 2022Sin comentarios

O VF Timing chega ao seu fin e faino no mesmo circuíto no que arrancou, nas Pontes. En xogo aínda moitos títulos, no aire aínda moitas bolsas infantís para a tempada 2023 e xornada de celebración sen presión para o pontés Fran da Silva, xa campión.

A carreira, na que participarán novos pilotos con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, inclúe as categorías Minimotos Minivelocidade, Pitmotard, GP Sport e Supermoto. Tamén haberá un sector de adultos.