Skip to main content
BegonteDeportes TERRACHÁXA

Convocan a primeira liga de pádel de Begonte

Por 10 Outubro, 2022Sin comentarios

O Concello de Begonte pon en marcha por primeira vez unha liga de pádel de categoría única para parellas masculinas, femininas ou mixtas.

Esta competición alongarase durnate todo o mes de novembro para rematar sobre o mes de maio. A relación de partidos dependerá do número de parellas inscritas.

A inscrición ten un prezo de 20 euros por parella, cota que non inclúe o aluguer da pista para os partidos. Todos os participantes serán marcados como socios da pista de pádel ata maio de 2023, o que vén acompañado dun desconto en todas as súas reservas futuras, sexan ou non para esta liga.

A competición consistirá nun partido semanal datado de mutuo acordo coas parellas. Ademais, estes poderán seguir resultados e calendarios en formato online.

As parellas interesadas deberán inscribirse antes do 14 de outubro no Concello de Begonte, a través do correo deportes@concellodebegonte.es, o whatsapp 619 455 026 ou no teléfono 982 396 143.