Skip to main content
Axenda CaducadaBegonte

Begonte acolle a próxima semana un taller de alimentación saudable nos maiores

Por 14 Outubro, 2022Outubro 19th, 2022Sin comentarios

O Concello de Begonte organiza o mércores 19 de outubro, na Casa da Cultura un taller de Alimentación Saudable para persoas maiores. A formación será impartida por Enrique del Arco Herrero (Licenciado en Farmacia e Técnico en Prevención de Riscos) a través da Escola Galega de Saúde.

Os obxectivos do mesmo son coñecer os distintos modelos e características dun patrón alimentario saudable e desenvolver destrezas e habilidades para poder realizar eleccións saudables relativas á adquisición e preparación de alimentos.

No programa inclúense a diferenza entre alimentación e nutrición, a importancia da hidratación nas persoas maiores e os cambios orgánicos no proceso de envellecemento como a composición corporal e metabolismo, a mastigación, a diminución nos órganos sensoriais e os cambios en órganos.

Tamén falarán de características da dieta equilibrada (saudable) e a pirámide da alimentación, o estado nutricional, os factores que afectan o estado nutricional da persoa maior e a prevención da malnutrición e enfermidades crónicas.

As inscricións estarán abertas ata hoxe, 14 de outubro.