Skip to main content
Axenda CaducadaBegonte

Begonte acolle unhas xornadas para falar das axudas da PAC para o próximo ano

Por 24 Outubro, 2022Outubro 26th, 2022Sin comentarios

A Asociación para o Desenvolvemento Rural da Produción Ecolóxica de Galicia (Depreco) e Agronovo Ecoloxía, en colaboración coa Caixa Rural Galega, organizan unha xornada informativa no Concello de Begonte para falar sobre as axudas da PAC do período 2023-2027.

Esta sesión terá lugar o mércores 26 de outubro en horario de 10.00 a 13.00 horas na Casa da Cultural.

O eixe central destas xornadas é informar ós produtores das novidades da PAC 2023-2027, especificando os requisitos e condicionantes para poder cobrar as axudas neste novo período.

Falarase, entre outras cuestións, dos cambios da nova PAC, dos requisitos para poder cobrar as axudas a sobre as normas de fertilización que estarán vixentes a partir de agora.

A inscrición é gratuita pero require de inscrición previa, que pode facerse enviando un correo electrónico a asociacion.dpe@gmail.com ou ben chamando ou enviando whatsapp ó teléfono 698 956 453.