Skip to main content
Axenda CaducadaCastro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Regresa a Feira da Galiña de Mos o día 30

Por 16 Outubro, 2022Outubro 30th, 2022Sin comentarios

Tras dous anos de sequía, o día 30 de outubro volverá celebrarse a Feira da Galiña de Mos, na parroquia de San Xiao de Mos, en Castro de Rei, na que os criadores desta afamada galiña porán en valor os seus exemplares.

A feira, que chega a súa undécima edición, contará coa feira de artesanía e o tradicional concurso. Aínda así, a exposición de exemplares desta raza está pendente das disposicións da Xunto no relativo á gripe aviar. Esta mostra, organizada por Avimós, a Asociación de Avicultores de Raza Galiña de Mos, de facerse sería ás 10.30 horas. Ademais, xunto á exposición haberá un concurso á mellor parexa, mellor galo, e mellos pita.

Xa ás 11.30 será a Foliada de Bosende e despois chegará o punto principal da xornada, a degustación, que dará comezo ás 13.30 horas co reparto de racións a un prezo de 11 euros e que consistirán en empanada, polo, patacas, ovos e queixo con bebida engadida.

Previsiblemente, serviranse un total de 800 racións como anos anteriores, e os tickets poderanse adquirir nun stand colocado pola organización e estarán á venda dende dous días antes por parte da organización ou o mesmo día da feira.

No apartado musical, destaca a actuación de José Amido de Roás ás 16.00, e para rematar a xornada haberá xogos populares coa asociación Cadaval.

Ademais, para completar a xornada, haberá unha exposición de vehículos clásicos que farán unha ruta dende Castro Ribeiras de Lea ata San Xiao de Mos, pasando por Castro de Viladonga, Sagrado Corazón e Santa Leocadia.

A inscrición para participar terá lugar a partir das 9.30 horas na caseta do polbo de Castro Ribeiras de Lea. A comitiva sairá ás 11.00 horas.