Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O Concello de Castro solicita axuda para a restauración do Peto das Ánimas de Balmonte

Por 28 Outubro, 2022Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei está interesado en recuperar o Peto das Ánimas de Balmonte, un elemento patrimonial de gran interese relixioso, cultural e histórico que se atopa nas inmediacións do Cemiterio e Igrexa Parroquial de San Salvador de Balmonte.

O Goberno local cursou unha solicitude á Deputación provincial asegurando que se trata dun elemento “de gran interese para a parroquia, a veciñanza e o Concello a recuperación do mesmo coa finalidade de evitar a súa desaparición”. Recorren neste caso á Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación Provincial por contar esta institución e no seu caso o Museo Provincial con toda a información (histórica, patrimonial, fotográfica e técnica, procedente da intervención realizada no ano 2014) necesaria para acometer unha nova intervención no elemento danado.

En data 23 de outubro de 2022 como consecuencia das fortes rachas de vento ocasionadas pola Borrasca Beatrice produciuse a caída dunha árbore de grandes dimensións situada nas inmediacións do Cemiterio Parroquial de San Salvador de Balmonte que ocasionou a destrucción total do coñecido como Peto de Ánimas de Balmonte; elemento de culto moi antigo que estaba construido por laxas de pizarra con forma de altar, situado nas inmediacións da árbore que se desprendeu e que sen dúbida era un dos elementos máis destacados do patrimonio histórico relixioso do Concello de Castro de Rei.

A última intervención realizada neste elemento patrimonial, levouse a cabo por parte da Deputación Provincial de Lugo no ano 2014 a través dun convenio de colaboración entre esta institución e o Bispado de Mondoñedo-Ferrol, coa actuación conxunta do Centrad e o Museo Provincial que se materializou asumindo o Centrad as obras de execución da restauración e o Museo Provincial o proxecto de restauración.