Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

Presentan en Muimenta a webserie Amnesia

Por 9 Outubro, 2022Outubro 15th, 2022Sin comentarios

A casa da cultura de Muimenta acollerá o próximo sábado día 15 a presentación de Amnesia 3.0, a premiada primera webserie interactiva de ciencia ficción en galego, na que a persoa espectadora ten 3 puntos de vista diferentes en cada capítulo.

Esta sesión terá lugar a partir das 20.00 horas e contará coa presenza da directora deste proxecto, Irene Pin, con raíces no Concello, xa que se trata da neta de Aurelia de Basanta. Tamén asistirá o equipo da serie.

Esta actividade está organizada pola Asociación Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta.