Skip to main content
Cospeito

A Asociación San Martiño de Pino organiza unha viaxe ao sur da provincia

Por 9 Outubro, 2022Sin comentarios

A Asociación cultural San Martiño de Pino realizará o venres, 14 de outubro, unha viaxe á zona sur da provincia de Lugo.

A primeira parada da excursión será para coñecer o Mazo de Santa Comba para continuar por Tabadoa e Chantada, onde visitarán a igrexa románica de Tabaoda, o Ponte Mourelle, o casco antigo de Chantada e a igrexa de Nogueira de Miño. Ademais, farán unha visita a unha adega.

A excursóin será de balda e inclúe guía, xantar e entradas aos lugares visitados.

Hai dispoñibles 23 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. Para anotarse será necesario facelo con calquera membro da directiva.

Esta excursión englóbase dentro do programa Coñece a túa provincia, da Deputación de Lugo.