Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

Organizan en Muimenta un taller de primeiros auxilios

Por 23 Outubro, 2022Novembro 4th, 2022Sin comentarios

Muimenta acolle un obradoiro de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral que terá lugar lugar na casa da cultura desta localidade o 4 de novembro de 16.00 a 20.00 horas.

Os obxectivos do curso céntranse en adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxílios básicos e en aclarar dúbidas referentes os primeiros auxilios.

Explicarase como chamar ao 061, a asistencia inicial ante un traumatismo, feridas, hemorraxias, convulsións, crises epilépticas, dificultade respiratoria (ansiedade, crisis asmática), dor torácica, queimaduras e escaldaduras, perdas de coñecemento, hipoglucemias, reaccións alérxicas, intoxicacións, reanimacion cardiopulmonar básica en adultos e infancia, atragantamento e recoñocemento dunha PCR.

A docencia estará ao cargo de Marta Fernández López, enfermeira asistencial da Base de Lugo do 061 Galicia.

As incricións poden realizarse ata o 26 de outubro na Mercería Teresa. O curso está organizado pola Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño.