Skip to main content
CervoFriolFriol TERRACHÁXAMonforte

Chegan aos museos da provincia as exposicións artísticas da Fundación Luis Seoane

Por 20 Outubro, 2022Outubro 22nd, 2022Sin comentarios

O Museo de Tor de Monforte é un dos elixidos para acoller as exposicións artísticas da Fundación Luis Seoane que versan sobre Coidados, Vulnerabilidades e Dependencias: Olladas desde os feminismos. Xunto a outros dous espazos pertencentes á Rede Museística da Deputación de Lugo coma son o de Friol e o de San Cibrao-Cervo.

Nestas exposicións, móstrase a creación artística en relación á maternidade e á crianza co traballo de Andrea Costas, Xisela Franco, Ana Gesto e Andrea Hauer.

Tanto as xornadas coma as exposicións están organizadas pola Fundación Luis Seoane da Coruña e coordinadas por Ánxela Caramés, Antía Pérez Caramés e Iria Vázquez Silva.

As xornadas desenvolveranse na Coruña entre o 13 de outubro e o 26 de novembro de 2022 e as exposicións e intervencións artísticas, terán lugar en tres dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo entre o 15 de novembro de 2022 e marzo de 2023.

Estas exposicións e intervencións parten dun diálogo co contido destes museos que permitan abordar varias temáticas vencelladas ás problemáticas dos coidados desde unha perspectiva feminista.

No Museo Fortaleza de San Paio de Narla en Friol, visibilizarase o labor das coidadores de persoas maiores ou dependentes, na súa relación coa creación e a vida, suprimindo a división entre coidadora e coidada a través do traballo de coidadores invisibles, Patricia Bobillo Rodríguez e Camén Llonín.

E no Museo Provincial do Mar en San Cibrao-Cervo, as pezas seleccionadas céntranse no papel de coidadoras das mulleres traballadoras, que ou ben teñen que compaxinar ambos roles no seu familiar ou deben ocuparse de dos coidados de persoas alleas para que outras persoas poidan traballar a través das achegas de Elizabeth Ross e Mar Caldas.