Skip to main content
Axenda CaducadaFriolFriol TERRACHÁXA

O GDR imparte en Friol unha charla sobre as claves da educación

Por 24 Outubro, 2022Outubro 28th, 2022Sin comentarios

O GDR Comarca de Lugo celebrará en Friol unha charla co título Educar na Sociedade Actual. Claves para a boa educación dos nenos/as.

A través desta ponencia, os asistentes descubrirán a importancia da educación na infancia e a nenez. O relator falará dos principais problemas aos que se enfrontan as familias actualmente para posteriormente destacar os principios que rexen a boa educación e estratexias para traballar desde o fogar.

O obxectivo final é crear nenos cunha boa saúde mental e física, capaces de resolver problemas futuros e favorecer o seu benestar na participación social. Unha charla amena, chea de emocións e moi didáctica.

A sesión será impartida polo profesor Víctor Arufe Giráldez, da Universidade da Coruña, elixido mellor docente de España, Premio Educa Banca 2017.

A charla será o venres 28 de outubro ás 19:00 horas no salón de actos do Centro Sociocultural do Concello de Friol. As prazas serán limitadas polo que haberá que formalizar a inscrición neste enlace.

Os interesados en obter máis información poden tela no teléfono 982 238 000.