Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol inicia clases de baile e ximnasia de mantemento

Por 25 Outubro, 2022Sin comentarios

O Concello de Friol organiza, como ven facendo dende hai anos, clases de baile latino e de salón para os veciños e veciñas que desexen anotarse. E tamén ximnasia de mantemento para todas as persoas do municipio que estean interesadas.

As clases de ximnasia darán comezo o martes día 8 de novembro, podendo inscribirse ata o xoves día 3. Poderán participar todas as persoas do municipio que queiran facer exercicio, divertirse e socializar nas tardes/noites dos martes e dos xoves.

Para as clases de baile poden apuntarse os veciños e veciñas que lles apeteza aprender a bailar, ou perfeccionar os seus pasos aqueles que xa saiban, ou simplemente pasar as tardes/noites dos luns dun xeito divertido e diferente. As clases de baile comezarán o luns 14 de novembro, podendo anotarse ata o mércores día 9.

Para estas dúas actividades poderán facer as inscricións a partir do vindeiro luns día 24, nas oficinas do Concello de Friol ou a través do correo electrónico info@concellodefriol.es.

As clases de baile realizaranse os luns en horario de 21:00 a 22:30 horas.

A ximnasia será os martes e os xoves en  horario de 21:00 a 22:00 horas.

Ámbalas dúas actividades levaranse a cabo no pavillón de deportes do Concello de Friol.

“Dende o Equipo de Goberno queremos seguir apostando por dinamizar o pobo e á nosa xente, con actividades nas que poidan participar todos, e coas que se promova o exercicio físico, neste caso dun xeito divertido e sinxelo, polo que animamos a todas as persoas que o desexen a participar en estas actividades, para intentar conseguir ter unha mellor saúde física e mental” indica o alcalde popular Jose Ángel Santos.