Skip to main content
Guitiriz

O Pleno de Guitiriz aproba unha modificación orzamentaria

Por 16 Outubro, 2022Outubro 17th, 2022Sin comentarios

O Pleno de Guitiriz aprobou na última sesión unha modificación orzamentaria de suplemento de crédito por valor de 35.139 euros que se destinarán a gastos relacionados coa auga potable, as instalacións deportivas e o lecer. Na votación, os representantes do PP e do BNG abstivéronse, mentres que o partido gobernante votou a favor.

Tamén se aprobaron, pero por unanimidade, dúas bonificacións no Icio, unha referente a explotacións de vacún, con catro obras, e outra a un negocio avícola, cunha soa.

A ratificación dos festivos locais do ano 2023 tamén foi aprobada por unanimidade, que serán o 21 de febreiro, martes de Entroido, e o 24 de xuño, Día de San Xoán.

Nas mocións, o BNG e o PP presentaran candasúa sobre a xestión da auga municipal, xa que consideran que a auga de traída segue saíndo turbia. En ambas votou en contra o partido gobernante.

O PP levou a pleno unha moción sobre a preservación do patrimonio do concello, facendo fincapé nas necesidades de mantemento ou obras de mellora. Neste punto tamén o PSOE votou en contra.