Skip to main content
Meira

Meira acollerá un obradoiro de memoria a partir de novembro

Por 18 Outubro, 2022Sin comentarios

O Concello de Meira organiza un obradoiro de memoria para adultos que se desenvolverá todos os mércores de 10.00 a 12.00 horas.

Esta actividade ten aberto o prazo de inscrición e admitirá un máximo de dez persoas por grupo e un mínimo de 5.

As clases, que serán gratuítas, está previsto que dean comezo no mes de novembro.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo no teléfono 629 302 039.