Skip to main content
Meira

Último día para anotarse á xuntanza de maiores de Meira

Por 21 Outubro, 2022Sin comentarios

A localidade de Meira recupera a súa Xuntanza de Maiores, que este ano se celebrará o venres 28 de outubro.

A xornada consistirá nunha misa solemne n Igrexa de Santa María de Meira, a partir das 13.00 horas, seguida dun xantar e baile no pavillón dos deportes da localidade.

Como en anos anteriores, recibirán un agasallo o home e a muller de máis idade do termo municipal.

Esta xuntanza está organizada polo Concello de Meira e require de inscrición previa. Hoxe, venres 21 é o último día para anotarse nas oficinas municipais, xa que para asistir ao xanter ter que ser con entrada numerada, que será obrigatorio presentar o día da celebración.