Skip to main content
Muras

Isaam Algnam Azzam será xulgado mañá de novo por prevaricación

Por 3 Outubro, 2022Sin comentarios

O ex alcalde do concello de Muras, Isaam Algnam Azzam, volverá sentarse este martes no banco dos acusados como presunto autor dun delito de prevaricación.

A acusación recolle no seu escrito que o ex rexedor subscribiu numerosos contratos laborais de carácter temporal entre 2012 e 2015 sen seguir os procedementos regrados para seleccionar ao persoal. Aseguran que o fixo “con pleno coñecemento e vontade de que actuaba á marxe do ordenamento xurídico e de que ocasionaba un resultado materialmente inxusto co seu comportamento”.

A Fiscalía sinala que algunhas das contratacións fixéronse tras unha entrevista persoal do propio alcalde coas persoas contratadas e que o Algnam Azzam fixo “caso omiso” das advertencias da interventora.

Por este delito do que se lle acusa pídese que sexa inhabilitado para o emprego público durante 15 anos.

Algnam xa fora condenado por inxurias cara ao seu sucesor, Manuel Requeijo, en 2016, e tamén foi xulgado o pasado ano por prevaricación por asinar resolucións en materia urbanística que beneficiaban á súa muller, aínda que foi absolto.