Skip to main content
Muras

A Anpa do colexio organiza en Muras clases de defensa persoal

Por 22 Outubro, 2022Sin comentarios

A Anpa do CEIP Antía Cal, en colaboración co Concello de Muras organiza un curso de defensa persoal que se impartirá na localidade todos os venres de 18.30 a 19.30 horas.

A formación estará ao cargo do especialista e profesor José Cope e terá lugar no local social de Muras.

Malia que o prazo está oficialmente pechado, a inscrición pode realizarse aínda a través do teléfono 669 278 085.