Skip to main content
Axenda CaducadaOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Organizan en Outeiro de Rei un obradoiro sobre Muller e Saúde

Por 18 Outubro, 2022Novembro 7th, 2022Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei organiza un obradoiro de Muller e Saúde enmarcado dentro da programación de actividades de promoción da muller 2022. Este obradoiro está dirixido especialmente ás mulleres para abordar o seu benestar específico ofrecendo información que permita mellorar e manter a súa saúde. O obradoiro será impartido por persoal da Escola Galega de Saúde e terá lugar no salón de actos da casa da cultura.

O día escollido para a celebración é o 7 de novembro en horario de 16.30 a 20.30.

Os obxectivos do obradoiro pasan por mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino.

Na programación falarse de menopausia e osteoporose , prevención xinecolóxica , factores de risco , fisiopatoloxía, alimentación e exercicio.

A formación estará ao cargo de Cristina Ouro Nuñez, matrona do Complexo Hospitalario de Lugo.

O prazo de inscrición está aberto ata o 31 de outubro e esta pode facerse na propia oficina da casa da cultura , no teléfono 982 393 408 ou na web da escola galega de saúde.