Skip to main content
A Pastoriza

O Concello da Pastoriza amañará varios camiños con fondos da Deputación

Por 10 Outubro, 2022Outubro 11th, 2022Sin comentarios

A Xunta de Goberno Local da Pastoriza aprobou na súa última xuntanza unha seride obras para mellorar camiños e pistas de titularidade municipal.

Trátase de obras de pavimentación realizadas unhas con fondos do Plan Único e outras cunha subvención da Deputación.

Unha das máis urxentes é na parroquia de Saldanxe, no Salto do Can. Estes traballos pretenden por unha parte da saída a estes veciños pero tamén ser unha alternativa ao tráfico para outras parroquias da zona como A Guarda ou Álvare, que deste xeito os veciños poderán evitar a saída á LU-122 que é moi complicada. Este traballo será financiado co Plan Único, o mesmo que outra obra próxima, a da pista que une o barrio de Miñoto, en Crecente, coa LU-125.

Tamén está previsto mellorar a comexión da localidade de Bretoña coa estrada LU-125.

Por outra banda, tamén se actuará na pista de Fontao, que una a estrada provincial de Campo do Oso co centro da vila, dentro da parroquia de Vián. Ademais arranxaranse outras pistas e camiños no propio barrio de Fontao.

Finalmente tamén está previsto iniciar obras no Biduido, no camiño que vai polo Pedredo ata saír á estrada LU-122 cerca da Cruz da Cancela.

Estas dúas últimas se realizará cunha subvención outorgada pola Deputación provincial.