Skip to main content
A Pastoriza

Convocado de novo o concurso de fotografía da muller rural na Pastoriza

Por 12 Outubro, 2022Sin comentarios

Por cuarto ano consecutivo, co gallo do Día Internacional da Muller Rural, dende a Área de Muller e Igualdade do Concello da Pastoriza, apóstase por visibilizar a través da fotografía as mulleres rurais, as deste concello, polo que volve a convocar o o concurso Muller Rural da Pastoriza.

No concurso participan este ano un total de 43 fotografías enviadas pola veciñanza que visibilizan a mulleres rurais do Concello no seu lugar de traballo, labores diarias, de temática libre.

As fotografías xa están na páxina de facebook correspondente ao concurso para que a xente poda votar por elas cun “me gusta”, que se poderá votar ata o sábado, día 15.