Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

Adamo presenta en Bretoña a expansión da súa fibra óptica

Por 16 Outubro, 2022Outubro 18th, 2022Sin comentarios

O café bar A Eskina de Bretoña acolle este martes, 18 de outubro pola mañá a presentación da implantación da rede fibra óptica na zona da Pastoriza a cargo da empresa Adamo.

Esta sesión terá carácter informativo e estará en marcha dende as 9.30 ás 14.30 horas. Un representante da empresa, dentro das axudas do Goberno central para a instalación de banda ancha no rural, explicará o despregue da fibra óptica en toda a parroquia e os pasos a seguir así como solventará as dúbidas que se plantexen.

De feito, dentro do programa de desenvolvemento de internet no ámbito rural do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a empresa Adamo está a traballar en concellos da contorna e continúa a  ofertar os seus servizos en máis.