Skip to main content
A Pastoriza

O PP da Pastoriza demanda a posta en servizo da depuradora

Por 5 Outubro, 2022Outubro 18th, 2022Sin comentarios

“A depuración das augas residuais é unha obriga normativa e unha necesidade de cumprimento inevitable polas institucións competentes para garantir o mantemento do medio ambiente. As augas residuais de A Pastoriza saen directamente ao regato de Saldanxe, porque a estación depuradora leva máis de ano e medio fóra de servizo; as instalacións están practicamente abandonadas”. Así o poñen de manifesto os populares de A Pastoriza, que defenderán unha iniciativa no pleno “para que se valore a opción de poñer en marcha a depuradora”.

Os populares atribúen a carencia de depuración das augas residuais “á falta de planificación e o abandono das responsabilidades do equipo de goberno”, presidido polo socialista Primitivo Iglesias. Lembran que estas instalacións foron construídas “por un goberno do Partido Popular”.

O feito de que as instalacións leven tanto tempo fóra de uso pode supoñer, indican no PP, un grave deterioro non só das instalacións relacionadas directamente coa depuración das augas residuais, senón tamén do resto, incluídos os locais das oficinas.