Skip to main content
A Pastoriza

Entregado o premio do concurso de fotografía Muller Rural

Por 25 Outubro, 2022Sin comentarios

Rematou na Pastoriza o tradicional Concurso de Fotografía Muller Rural, que este ano chegou á IV edición.

A gañadora foi Nazaret Díaz, que fotografiou a súa avoa Eloína apañando castañas. Unha boa foto en pleno mes de outubro, o mes de transición entre o verán e o frío, e por excelencia o mes das castañas.

A fotografía foi a gañadora polo voto do público a través da rede social de Facebook onde se subiron as 45 que participaron nesta edición e que recollían diferentes momentos e accións das mulleres no mundo rural,

Tódalas fotos que foron publicadas nesta páxina teñen o seu encanto, xa que en todas se viron reflexadas as mulleres como piar fundamental da nosa terra, traballando, coidando, desfrutando… A todas elas, a todas vós, gracias por participar, xa que sen imaxes, non habería concurso”, explicou a concelleira de área, Elva Carrera.

O Concello fixo entrega dp agasallo á gañadora e á modelo da fotografía, unha cesta de produtos da zona.