Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

Antía Yáñez visitará o club de lectura Entre Liñas

Por 31 Outubro, 2022Novembro 8th, 2022Sin comentarios

O club de lectura Entre Liñas da Pastoriza segue coas xuntanzas vinculadas á lectura e nesta ocasión, Antía Yáñez visitará o club.

Será o sábado 19 de novembro, ás 21.00 horas no Fogar de Maeloc, para recibir á escritora de Non penses nun elefante rosa.

Nesta obra, Antía trata, cun extraordinario sentido do humor, o tema da saúde mental. As páxinas de Non penses nun elefante rosa son divertidas, atrevidas, profundas, politicamente incorrectas e vertixinosas, e arrastrarán canda si moitas lectoras e lectores que lerán esta novela coma se visen unha serie sobre o tempo que vivimos.

Esta actividade é aberta para todo o público que queira asistir e tamén está aberta a participación no club de lectura.