Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Recollen doazóns de sangue este sábado en Pol

Por 7 Outubro, 2022Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará este sábado 8 de outubro no Concello de Pol, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 1r.00 horas en Mosteiro, diante da casa consistorial.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorazar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.