Skip to main content
Axenda CaducadaPol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Pol convida aos seus maiores a unha comida o día 23

Por 17 Outubro, 2022Outubro 23rd, 2022Sin comentarios

O Concello de Pol organiza a XXIX Comida da Terceira Idade que se celebrará o vindeiro domingo 23 de outubro na carballeira de Mosteiro baixo unha carpa climatizada.

As actividades previstas comezarán ás 13.00 cunha misa seguida do xantar, ao que convida o Concello. Con todo, as persoas interesadas deben confirmar a súa asistencia antes do luns 17 de outubro nas oficinas municipais ou a través dos teléfonos 982 345 029 e 982 345 038.

Tamén haberá animación musical.