Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Mosteiro acollerá unha feira de troco e produtos de segunda man o domingo

Por 31 Outubro, 2022Novembro 8th, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural Chimchiribote de Pol celebrará o domingo 6 de novembro unha feira de troco de segunda man que leva o nome I Baleira Galpóns, que se celebrará na Carballeira de Mosteiro a partir das 11.00 horas.

Trala apertura da feira, na que se intercambiarán produtos de segunda man de todo tipo, actuarán Güaltrapas Van, ao redor do mediodía para seguir, ás 13.30 horas coa sesión vermú, que estará a cargo de Troupelear e foliada aberta.

Pola tarde continuará a programación coa representación teatral 8 en sospeita, do grupo de teatro de Antas de Ulla.

Pecharán a programación do día cun magosto no que haberá chocolate ademais das castañas. A un prezo de 3 euros estará amenizado por Silpincha.