Skip to main content
As Pontes

A ITV de ciclomotores visita As Pontes en outubro

Por 2 Outubro, 2022Sin comentarios

A unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores estará o 20 de outubro no Concello das Pontes, para atender a todos os veciños do termo municipal. A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas.

A unidade estará situada no circuíto Karts-Paseo Constitución.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com.