Skip to main content
As Pontes

Abre hoxe o prazo para anotarse as escolas municipais deportivas das Pontes

Por 3 Outubro, 2022Sin comentarios

O Concello das Pontes abre hoxe, 3 de outubro, o período de inscrición nas escolas municipais deportivas para persoas adultas e infantís.

O departamento de deportes habilitará tres vías para realizar a inscrición; de forma telemática, a través da sede electrónica ou do e-mail do departamento (deportes@aspontes.org), e de forma presencial, no primeiro piso da casa consistorial e só se admitirá unha solicitude por persoa.

ADULTOS

A inscrición para participar nas escolas de mantemento físico e de ximnasia para a terceira idade realizarase o luns, a partir das 09:00 horas, en aerobic a inscrición realizarase o martes a partir tamén das 09:00 horas e no caso de pilates a inscrición deberá realizarse o mércores, 5 de outubro a partir da mesma hora.

A admisión nas escolas deportivas virá determinada pola data e hora de presentación das presincripcións, ata completar o número de prazas. Unha vez cotexados os rexistros de preinscripción, desde o departamento de deportes confirmarase, por vía teléfonica, a praza, quedando deste xeito formalizada a inscrición.

Este ano, os grupos quedarán limitados a un máximo de 15 persoas e as clases impartiranse novamente na Caseta do Polbo e terán unha hora de duración.

Este ano impartiranse clases de mantemento físico, os luns e os mércores, en horario de mañá (de 11:00 a 13:00 horas) e de tarde (de 17:00 a 18:00 horas) e os martes en horario de tarde (de 17:00 a 18:00 horas).

As clases de ximnasia para a terceira idade impatirasen tamén os luns e mércores en horario de mañá (de 09:00 a 11:00 horas) e os martes e xoves en horario de tarde, de 19:00 a 20:00 horas.

As clases de aerobic impartiranse os martes en horario de mañá (de 09:00 a 11:00 horas) e en horario de tarde (de 20:00 a 22:00 horas)

As clases de pilates desenvolveranse os martes e xoves, tanto en horario de mañá (de 11:00 a 13:00 horas) e de tarde, os luns e os mércores, de 18:00 a 21:00 horas e os martes e xoves de 18:00 a 19:00 horas.

INFANTIL

Para o curso 2022-2023 o Concello das Pontes ofrece un total de 10 disciplinas deportivas atletismo, baloncesto, hóckey a patíns, king boxing, patinaxe, ximnasia rítmica, psicomotricidade, vela, tenis, e tiro con arco.

Todas as familias interesadas en inscribir aos seus fillos o fillas nas escolas municipais deportivas infantís poden facelo no departamento de Deportes, na primeira planta da Casa Consistorial, en horario de 09:00 a 14:00 horas, a partir deste luns.

O custo total de cada actividade, para todo o curso, será de 40 € a primeira matrícula da unidade familiar, 30 € a segunda matrícula da unidade familiar na mesma escola, 20 € a terceira matrícula da unidade familiar na mesma escola de serán de balde a cuarta matrícula e sucesivas.

Así mesmo terán unha reducción do 50% as familias numerosas, concepto que ven recollido e regulado no Real Decreto 1621/2005, de 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 40/2003, de 18 de novembro, de protección ás familias numerosas. Neste caso deberase presentar a acreditación correspondente.

Cada alumno/a cubrirá unha folla de inscrición por cada actividade que desexe realizar e considerarase inscrito/a unha vez teña entregado no Departamento de Deportes o impreso de inscrición selado polo banco ou polo servizo de recadación do Concello.