Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

As Pontes acolle este sábado a obra ‘As Mapoulas’

Por 13 Outubro, 2022Outubro 15th, 2022Sin comentarios

A obra de teatro experimental As Mapoulas, de Laboratorio Escénico chega esta fin de semana ás Pontes. Serán no auditorio Cine Alovi a partir das 20.00. horas.

A obra céntrase na figura histórica de Alicia Dourado, panadeira anarquista de 25 anos. Vive na súa casa refuxio, situada na rúa do Carme nº6, na cidade da Coruña.

En primeira persoa, fala do amor, da vida das casas refuxio, da militancia, do compromiso, das relacións coas outras compañeiras, do barrio e da liberdade nun contexto de gran represión que finaliza o 10 de xullo de 1937 coa súa morte e a de compañeiras e compañeiros nun asalto policial.

As Mapoulas é unha creación escénica multidisciplinar que mestura a dramaturxia teatral, a danza, a música, a poesía e o audiovisual. Unha viaxe desde a ficción dun caso particular, baseada nun feito histórico, ao universal.