Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

Remata con triunfo foráneo o I Ciclocross das Pontes

Por 14 Outubro, 2022Sin comentarios

O ciclocrós fíxose forte nas Pontes coa celebración da primeira proba nesta locadidade, na que Felipe Orts (Burgos-BH) foi o campión masculino e Laura Verdonschot na proba feminina.

Cunha meteoroloxía máis propia dos meses de verán, ás 9:30 arrincou a competición nas Pontes, na primeira edición dun CX Lago das Pontes que chegou para quedar.

Ás 9:30 arrincou a manga dos máster 30, 50 e 60 e as máster, que deixaron os primeiros triunfadores da xornada, Miguel Porto (Ponteareas) fíxose coa vitoria en máster 30, Marco Antonio Prieto (Nesta CC) foi o gañador en máster 50 mentres que en máster 60 a vitoria foi para Manuel Dorrio (Cambre CC). Na proba feminina Beatriz Megido (Canyonbikes) sumou outra vitoria en máster 30 e Paula Blanco (Monte Xalo) logrou o triunfo en máster 40. Unha hora despois foi a quenda da sempre numerosa manga de máster 40, na que se impuxo Andrés Calvete (Monte Xalo).

Tras a cerimonia do podio chegou a quenda da proba feminina na que se repetiu o duelo do Xaxan CX, case desde o primeiro xiro destacáronse a belga Laura Verdonschot e a asturiana Lucía González (Nesta-MMR) aínda que nesta ocasión terían unha invitada inesperada xa que a italiana Asia Zontone logrou aguantar na cabeza. Por detrás Zontone superou a unha Lucía á que penalizou o esforzo anterior e que se tivo que conformar coa terceira posición tras a transalpina que sería a mellor sub-23.

JÚNIOR E CADETE

Entre as júnior, Uxía Soto (Supermercados Froiz) logrou a vitoria e estivo acompañada no podio polas súas compañeiras de equipo Aroa Otero e Marta Estévez.

Na proba masculina Felipe Orts (Burgos-BH) asumiu o seu papel como favorito e desde a primeira curva tomaría a cabeza de carreira para lograr un solvente triunfo. A emoción quedaría na loita polos dous caixóns restantes do podio, na que quedarían na cabeza Kevin Suárez (Nesta-MMR), Lorenzo Masciarelli e Luke Verburg. Pouco antes da última zona de area Verburg demarró e Masciarelli foise á súa roda eliminando da pelexa a Kevin Suárez. Na recta de meta o italiano non puido co belga que levou o triunfo sub-23.

A última manga da mañá foi para os júnior co triunfo de Fantin Gloux por diante do seu compatriota Hippolyte Loete, mentres que o líder da Copa de España Carlos Gámez (A Torreta) logrou subirse ao terceiro caixón do podio.

Ás 16:00 da tarde chegou a quenda da manga final na que saíron xuntos os e as cadetes. Na proba masculina o triunfo levoullo Néstor Frías (Avanza-O Porriño) por diante do dúo do Unicaja Banco-Xixón, Samuel Castiello e Xian Rodríguez. Na carreira das mulleres logrou a vitoria a actual líder da Copa de España Lorena Patiño (XSM-Santomé de Piñeiro), con máis de dous minutos de vantaxe sobre Alejandra Neira (Compostelán CC) e Iris Fernández (Academia Postal-Maceda).