Skip to main content
As Pontes

Endesa recibe 165.000 toneladas de carbón para comezar a operar a próxima semana

Por 19 Outubro, 2022Sin comentarios

O buque que chegaba a Ferrol con 165.000 toneladas de carbón para a térmica das Pontes comezaba a ser descargado este luns e o material que transportaba levado ata a central. As previsións que manexa a compañía son as de que eses traballos finalicen a próxima semana, a partir da cal a central estará dispoñible para operar

O buque de bandeira grega chegaba o pasado venres a Ferrol comezou o traslado do mineral por estrada ata as instalacións da empresa eléctrica.

Os transportistas que se ocupan tradicionalmente do traslado do carbón ata a térmica pontesa comezaron coas tarefas, de forma que durante a xornada o movemento de vehículos pesados nas instalacións de Caneliñas foi unha constante. En concreto, estímase que serán entre 6.000 e 7.000 as toneladas diarias que serán levadas en camións polo colectivo de transportistas encargado destas tarefas.

Este paso dáse despois de que o Ministerio de Transición ecolóxica autorizase hai unhas semanas o peche dos outros dous grupos, quedando así limitada a potencia deste complexo aos 700 megawatts.

A térmica leva inoperativa desde o mes de xuño do ano pasado. Os traballadores atópanse preparando o grupo uno para que poida estar dispoñible para o momento no que se necesite arrincar de novo nun contexto marcado polos altos prezos do gas.