Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

As Pontes celebra o sábado o Día das Bibliotecas cunha representación teatral

Por 19 Outubro, 2022Outubro 22nd, 2022Sin comentarios

O Concello das Pontes celebra o Día das Bibliotecas coa representación da obra teatral O secuestro da Bibliotecaria de Sarabela Teatro, que terá lugar este sábado, 22 de outubro, ás 19.00 horas no audiotrio Cine Alovi.

A efeméride, que se conmemora o día 24 de outubro, este ano baixo o lema BiblioTecuida, ten como obxectivo destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades das persoas usuarias.

Esta actividade, que é gratuíta, está organizada ao abeiro desta data que busca resaltar a importancia que ten este tipo de edificacións para a historia humana como resgardo da súa cultura, dos seus escritos, das súas crenzas e que lembra o incendio da Biblioteca Nacional de Sarajevo.